Se segues os consellos rápidos que se dan neste artigo, farás a mellor captura posible da habitación.
- Onde colocarte e como preparar a habitación
- Facer unha foto con grande angular
- Aceptar a vista previa
- Superpoñer a túa foto con grande angular cun escaneado
- Medir a habitación
1. Onde colocarte e como preparar a habitación
Afástate para obter unha perspectiva ampla
- Colócate moi atrás para que caiba a maior parte posible da habitación na foto vertical. O mellor lugar para situarte ao escanear é de costas á esquina ou á parede da habitación que dá ao espazo que queres deseñar. Lembra capturar tamén parte do chan (necesitámolo como punto de referencia).
- A aplicación combinará varias fotos para producir unha imaxe multidimensional e con grande angular da habitación.
Ao situarte lonxe do espazo que queres deseñar, terás unha perspectiva máis ampla e mellorará a captura.
Fai a captura con boa luz
- Asegúrate de que a túa habitación estea ben iluminada.
- Abre as persianas e acende as luces se fai falta.
Se capturas unha habitación con boa luz, conseguirás imaxes moito mellores
2. Facer unha foto con grande angular
Empeza polo centro
- Encadra a imaxe con grande angular cara ao centro da zona que queres deseñar.
- A continuación, a aplicación guiarate para que vires o teléfono cara a 5 obxectivos (antes de pasar ao seguinte, espera ata que vexas unha marca de verificación).
Indicaráseche que empeces polo centro e que captures 5 obxectivos para a túa fotografía con grande angular.
Cando fagas a captura con grande angular, procura moverte o menos posible.
Fai isto | Non fagas isto |
|
|
Mantén os cóbados cara a dentro e xira o teléfono no sitio.
3. Aceptar a vista previa
Bota unha ollada á vista previa da captura que verás en pantalla.
- Inclúe toda a zona que queres deseñar?
- Ten a suficiente luz?
- É o bastante nítida?
Se respondiches "si" a estas preguntas, pulsa Si, continuar.
Utiliza a vista previa da captura para comprobar que a imaxe ten bo aspecto.
4. Superpoñer a túa foto con grande angular cun escaneado
- Cando fagas a fotografía con grande angular, a aplicación pedirache que aliñes a imaxe que ves á esquerda da pantalla coa da dereita.
- Non fai falta que estea perfecto: aliña aproximadamente as imaxes e pulsa Listo.
Coa pantalla dividida é máis doado superpoñer a imaxe coa vista en vivo.
5. Medir a habitación
Fai un varrido amplo en forma de 8 (este paso teralo que repetir).
- Durante a medición, non te movas do sitio e fai un varrido co teléfono facendo un movemento lento e amplo en forma de oito. Empeza a medir no centro da zona que queiras deseñar.
- Cubre unha zona ampla diante de ti. O ideal é que poidas cubrir toda a zona que quedará capturada na fotografía con grande angular.
Varre a zona que vas deseñar: asegúrate de que a cámara vexa o chan, as paredes e o teito da habitación.
Fai outro escaneado amplo en forma de 8.
- Dá un gran paso cara á esquerda ou a dereita cando se che pida e, a continuación, pulsa Listo.
- Verás unha pantalla dividida que te guía para aliñar as imaxes 1 e 2. Cando o teñas listo, pulsa Listo.
- Fai outro movemento en forma de 8.
Parabéns, xa podes subir a captura!