Se ves este tipo de información, significa que non puidemos acceder aos recursos informáticos dos que normalmente dependemos para ofrecer un procesamento rápido e máis realismo visual. Desculpa as molestias que isto che poida ocasionar.
Estas poden ser as causas:
- as preferencias do teu navegador poden desactivar o renderizado por hardware
, ou - tes extensións que interfiren con WebGL, do que depende a aplicación.
Podes comprobar a configuración do teu navegador a continuación e, se realizas cambios, lembra actualizar esta páxina. Se o prefires e tes acceso a outro ordenador ou navegador, tamén podería resolverse o problema.
Como comprobar a configuración de renderizado do navegador para asegurarte de que o renderizado por hardware está activado se utilizas:
Chrome
En primeiro lugar, activa a aceleración de hardware:
- Entra en
chrome://settings
. - Fai clic no botón + Mostrar configuración avanzada.
- Na sección Sistema, comproba que a caixa Usar aceleración por hardware cuando esté disponible (Usar aceleración por hardware cando estea dispoñible) está seleccionada (terás que reiniciar Chrome para que se apliquen os cambios).
A continuación, comproba o estado de WebGL:
- Entra en
chrome://gpu
. - Inspecciona o elemento WebGL na lista Graphics Feature Status. O estado será un dos seguintes:
- Hardware accelerated (Acelerado por hardware): WebGL está activado e acelerado por hardware (execútase na tarxeta gráfica).
- Software only, hardware acceleration unavailable (Só software, aceleración por hardware non dispoñible): WebGL está activado, pero execútase en software. Aquí podes obter máis información: "Para o renderizado por software de WebGL, Chrome utiliza SwiftShader, un rasterizador de GL por software".
- Unavailable (Non dispoñible): WebGL non está dispoñible en hardware nin software.
Se o estado non é "Hardware accelerated", pode que a lista Problems Detected (debaixo da lista Graphics Feature Status) aclare por que non está dispoñible a aceleración por hardware. Se tes un controlador de pantalla anterior a 2010, esa pode ser a causa do problema. Actualiza os teus controladores de pantalla e volve a chrome://gpu para buscar problemas.
Firefox
En primeiro lugar, activa WebGL:
- Entra en
about:config
. - Busca
webgl.disabled
. - Comproba que o valor é
false
(os cambios aplícanse inmediatamente, non fai falta que reinicies Firefox).
A continuación, comproba o estado de WebGL:
- Entra en
about:support
. - Inspecciona a fila WebGL Renderer da táboa Gráficos:
- Se o estado inclúe o fabricante, o modelo e o controlador da tarxeta gráfica (por exemplo: "NVIDIA Corporation -- NVIDIA GeForce GT 650M OpenGL Engine"), significa que WebGL está activado.
- Se o estado é algo como "Bloqueado para a túa tarxeta gráfica debido a problemas non resoltos co controlador" ou "Bloqueado para a túa versión de controlador gráfico", significa que a túa tarxeta gráfica ou controlador están na lista negra.
(Ao igual que Chrome, Firefox ten unha caixa de verificación Usar aceleración de hardware cuando esté disponible [Usar aceleración de hardware cando estea dispoñible], en Ajustes [Axustes] > Rendimiento [Rendemento] > Usar aceleración de hardware cuando esté disponible [Usar aceleración de hardware cando estea dispoñible]. Con todo, a diferenza de Chrome, en Firefox non é necesario que esta caixa estea seleccionada para que WebGL funcione).
Safari
- Vai ás Preferencias de Safari.
- Selecciona a pestana Avanzado.
- Comproba que a caixa de verificación Mostrar el menú Desarrollo en la barra de menús (Mostrar o menú Desenvolvemento na barra de menús) está seleccionada.
- No menú Desarrollo (Desenvolvemento) de Safari, comproba que a opción Activar WebGL está seleccionada.
Opera
En primeiro lugar, activa a aceleración de hardware:
- Entra en
about:config
. No menú da esquerda, fai clic en "Navegador".
- Fai clic na caixa Mostrar configuración avanzada.
- Na sección Sistema, comproba que a caixa Usar aceleración por hardware cuando esté disponible (Usar aceleración por hardware cando estea dispoñible) está seleccionada (terás que reiniciar Opera para que se apliquen os cambios).
Edge
- Para entrar na páxina de Configuración de Edge, fai clic no menú de tres puntos da esquina superior dereita da pantalla do navegador e pulsa Configuración.
- Na páxina de Configuración, elixe Sistema y rendimiento (Sistema e rendemento) no menú da esquerda.
- Na primeira sección de Sistema y rendimiento (Sistema e rendemento), activa "Usar aceleración de hardware cuando esté disponible" (Usar aceleración de hardware cando estea dispoñible) pulsando o botón que ten ao lado.
- Fai clic en Reiniciar para gardar os cambios.
Se activaches a aceleración de hardware, pero o problema persiste, comproba que non estás a utilizar unha extensión que poida estar desactivando WebGL.